Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Aberta a convocatoria de recoñecementos Cidades Amigas da Infancia 2017-2018

  • Descrición longa:

    O Programa Cidades Amigas da Infancia (CAI)  ten o obxectivo de impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implementación deste programa, contribuirase a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.

    Queres que o teu municipio opte ao Selo de Cidade Amiga da Infancia? Segue os seguintes pasos:

    1. Elaboración dun diagnóstico sobre a situación da infancia e adolescencia no municipio para avaliar a situación de partida e definir as liñas de acción.

    2. Deseño dunha estratexia ou Plan municipal de Infancia e adolescencia.

    3. Creación dun órgano estable de participación infantil municipal, recoñecido como interlocutor directo co municipio

     

    Cada dous anos UNICEF Comité Español lanza a convocatoria de obtención do Selo de recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia na que poden participar tódolos Gobernos Locais. Adicionalmente aquelas entidades que contan cun proxecto cuxo obxectivo sexa impulsar o benestar da infancia e a adolescencia, poderán presentarse ao Certame de Boas Prácticas.

    Os concellos interesados en coñecer o programa poden contactar con UNICEF Comité Galicia no teléfono 981 586 387 ou a través do email galicia@unicef.es

    Máis información e material informativo:

    http://ciudadesamigas.org/documento/bases-convocatoria-2017-2018-cidades-amigas-da-infancia-galego/