Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Proxecto Home: Atención, Rehabilitación e Reinserción Social de Persoas Adictas.

  • Descrición longa:

    Convenio de Colaboración da Consellería de Política Social coa Fundación do Monte do Gozo para o desenvolvemento do Programa Educativo-Terapéutico “PROXECTO HOME” de Atención, Rehabilitación e Reinserción Social de Persoas Adictas.

    Categoría ou Área de Actuación: Protección social e fomento da autonomía.

    Obxectivos: A inserción socio laboral, dentro do programa marco “PROXECTO HOME”, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas no marco de accións do ii plan galego de inclusión social.

    Dirixido a: Persoas que teñen unha adición, e esta adición, é obxecto de tratamento nos programas elixibles que constan no convenio.

    Descrición do Programa: Financiamento neto anual do 100% de 34 prazas na fase de reinserción social en calquera dos programas elixibles no convenio que poderá incluír alternativas residenciais, talleres ocupacionais encamiñados á melloras das habilidades e destrezas e actividades enfocadas á consecución dun emprego normalizado.

    Normativa e lexislación:
    -Lei 16/2007, do 26 de decembro de orzamentos xerais da comunidade autónoma.
    -Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
    -Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    -Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma de Galicia.