Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade

  • Descrición longa:

    É un programa que pretende facilita-la integración de persoas maiores e persoas con discapacidade no seo dunha familia que, ademais de proporcionarlle un ambiente e trato familiar, atenda as necesidades derivadas da súa avanzada idade e/ou dependencia.


    O acollemento poderá realizarse por persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, tanto na vivenda do acolledor como na do acollido, que non teñan relación de parentesco en liña recta en ningún grao ou en liña colateral ata o terceiro grao inclusive con ningún membro da unidade de acollida.
    Non obstante o anterior, e no caso de que o acollido sexa unha persoa dependente, poderá formalizarse o acollemento con familiares por afinidade, agás que na unidade de acollida existan outros familiares do acollido por consanguinidade, maiores de idade e con obriga legal de prestarlles alimentos.

    Obxectivos:

    • A permanencia no seu contorno do beneficiario (evitando o seu internamento)
    • Cubrir as súas necesidades de coidado
    • Evitar os sentimentos de soidade e illamento.

    Este programa é válido durante todo o ano.