A mediación intraxudicial é un proceso breve que reduce a dolorosa carga emocional, asociada a todo proceso de ruptura.
Un equipo de profesionais, de recoñecida experiencia e capacidade, desenvolvera o proceso, atendendo aos principios de neutralidade, obxectividade, imparcialidade e confidencialidade.
Non implica dilación algunha, porque se realiza simultaneamente ao proceso xudicial, aproveitando os tempos mortos do citado proceso sen chegar a suspender o mesmo, agás que ambas partes o soliciten pola proximidade dun acordo.
OBXECTIVOS:
- Mellora as relacións futuras entre os protagonistas. En especial, naqueles casos nos que as dúas partes deberán continuar relacionándose e desenvolvendo, axeitadamente, as súas funcións parenterais.
- Incrementa o protagonismo dos proxenitores, dentro dun espírito de responsabilidade compartida e de igualdade entre eles, resolvendo as discrepancias mantidas respecto da súa situación de conflito familiar. Permite a toma das decisións mais axeitadas, referentes ás/aos súas/seus fillas/fillos e ao seu porvir, coa intervención dunha persoa mediadora.
- Favorece a aprendizaxe ou «coñecemento tácito» dos proxenitores de técnicas de solución de conflitos.