Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Servizos sociais comunitarios > Plan de formación continua de servizos sociais comunitarios

servizos sociais comunitarios

Plan de formación continua de servizos sociais comunitarios

Dende a Consellería de Política Social considérase que a formación continua dos profesionais dos servizos sociais é imprescindible para o mellor desenvolvemento do sistema de servizos sociais, entendendo que son estes profesionais o piar máis importante no que se basea o dito sistema.

O mellor activo das distintas administracións está constituído polos profesionais que as compoñen. A calidade dos servizos de calquera organización depende, fundamentalmente, da cualificación e o nivel de profesionalidade das persoas que a integran, así como o trato que dan aos que reciben os seus servizos. Todo elo sobre a posibilidade de dispor dos medios axeitados para poder desenvolver a súa actividade de maneira eficiente.

A formación continua permite, por un lado, a adquisición de coñecementos necesarios para levar a cabo as tarefas profesionais con mais rigor e seguridade, por outro permite o debate, o intercambio de coñecementos, opinións e das distintas perspectivas da realidade social entre os profesionais que estean a formarse.

Por todo isto, a Consellería de Política Social, en colaboración co Ministerio Sanidade e Política Social, organiza distintas accións formativas ao longo do ano, presenciais e a distancia, todas elas relacionadas cos servizos sociais comunitarios, así como accións destinadas ao mellor desenvolvemento da ficha social SIUSS en todas as UTS de Galicia. Cada un dos plans de formación anuais pretende completar e mellorar a formación de todas as persoas profesionais dos servizos sociais das corporacións locais.

 

 

 

Cursos do Plan de Formación dos Servizos Sociais Comunitarios 2011 - Galicia


Aviso importante: As incidencias que se podan producir, ao facer a inscrición en calquera dos cursos do Plan de Formación, na plataforma informática, son debidos a que todas as persoas que se matricularon algunha vez xa teñen un usuario rexistrado no sistema.


Para recuperar a contrasinal ou obter soporte técnico nesta materia enviar un email a dgpsfi@2000ir.com , co Nº de dni.

Para calquera outra cuestión relacionada co plan de formación contactar con Carmen. Tfno: 981547330. Mail: csierra@xunta.es

 

 

text