Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro)

Na sesión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar o anexo coas puntuacións obtidas polos/polas aspirantes de conformidade co disposto no punto 8 das bases da convocatoria.

Segundo. Propoñer a selección de Don Rubén M. García González (76.413.731A) para o posto de xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos/polas aspirantes na páxina web da Consellería de traballo e Benestar, portal de Benestar.

Cuarto. De acordo co disposto no punto 8 das bases da convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles desde a publicación para presentar alegacións. No caso de non haber reclamacións elevaríanse as mesmas a definitivas.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015

Mª Aránzazu Portabales Santomé
Presidenta do tribunal
 

Documentos relacionados