Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro)

Na sesión que tivo lugar o día 26 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co establecido na base 7.2.4 da convocatoria, elevar a definitiva as puntuacións obtidas polos/polas aspirantes na Segunda fase de baremación de méritos. A devandita puntuación figura como anexo á presente resolución.

Segundo. Que, de acordo co establecido na base 7.2.1. da convocatoria, superaron esta segunda fase os aspirantes que obtiveron un mínimo de quince puntos (15 puntos).

Terceiro. Convocar a aqueles aspirantes que obtiveron a puntuación mínima esixida na segunda fase para a realización da defensa do Plan de Actuación que terá lugar o día 30 de decembro de 2014 ás 16.30 horas na sala D da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n en  Santiago de Compostela. Os aspirantes deben ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal. Se os aspirantes o consideran oportuno poderán apoiar a súa exposición con presentacións en soporte informático. O tribunal porá a disposicións dos aspirantes os medios tecnolóxicos axeitados para facilitar a dita presentación.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar a resolución definitiva coas puntuacións obtidas polos/polas aspirantes na Segunda fase (Plan de actuación.) na páxina web da Consellería de traballo e Benestar, portal de Benestar.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

Mª Aránzazu Portabales Santomé

Presidenta do tribunal

Documentos relacionados