Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro)

Na sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:


Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar relación provisional coas puntuacións obtidas polos/polas aspirantes na Primeira fase de baremación de méritos alegados na páxina web na páxina web da Consellería de traballo e Benestar, portal de Benestar.


Segundo. Que, de acordo co establecido na base 7.1 da convocatoria, a puntuación máxima nesta primeira fase é de 60 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 30 para superala. Os/as aspirantes que non acaden a puntuación anterior quedarán eliminados do proceso selectivo.


Terceiro. Que, de acordo co disposto na base 7.1.3 da convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

Mª Aránzazu Portabales Santomé
Presidenta do tribunal

Documentos relacionados