Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais.

 

Por Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro) anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto xerente vacante na Axencia Galega de Servizos Sociais.


O punto 6 das bases reguladoras desta convocatoria establece que o Tribunal de Selección se nomeará por resolución da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais e constituirase unha vez publicada na web da Consellería de Traballo e Benestar a relación definitiva de aspirantes. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:


Primeiro. Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto xerente na Axencia Galega de Servizos Sociais coa composición que se relaciona no anexo.


Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014


(Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
 

A directora xeral de Familia e Inclusión


María Amparo González Méndez

Documentos relacionados