Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

 

Tipo de axudas:

 

As axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxecto de compensar os gastos producidos nos seguintes conceptos:

 

-Gastos de persoal.

 

-Gastos de alimentación.

 

-Outros gastos xerais de mantemento do centro.

 

Entidades beneficiarias:

 

As corporacións locais galegas que, ademais dos requisitos establecidos na orde, reúnan as seguintes condicións:

 

- Que teñan en funcionamento ou ben unha/s escola/s infantil/ís 0-3 ou ben un/s punto/s de atención á infancia (PAI) da súa titularidade.

 

- Que a corporación local non pertenza ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou, no caso de pertenza ao consorcio, que, tendo subscrita a súa adhesión, non iniciase o proceso de transferencia da xestión do/s centro/s da súa titularidade no momento de remate do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de marzo.

 

Mais información: http://www.escolasinfantis.net

Ligazóns relacionadas