Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Lei ]

Lei 54/2007, de 28 de decembro, de Adopción internacional.

Data de publicación no D.O 28/12/07
  • Estado:
    Vixente
  • Orixe:
    Lexislación estatal
  • Observacións:

    Capacidade e requisitos para a adopción internacional
    Artigo 10. Idoneidade dos adoptantes.

    1. Enténdese por idoneidade a capacidade, aptitude e motivación adecuadas para exercer a patria potestade, atendendo ás necesidades dos nenos adoptados, e para asumir as peculiaridades, consecuencias e responsabilidades que leva a adopción internacional.
    2. A tal efecto, a declaración de idoneidade requirirá unha valoración psicosocial sobre a situación persoal, familiar e relacional dos adoptantes, e a súa capacidade para establecer vínculos estables e seguros, as súas habilidades educativas e a súa aptitude para atender a un menor en función das súas singulares circunstancias, así como calquera outro elemento útil relacionado coa singularidade da adopción internacional.
      As Entidades Públicas competentes procurarán a necesaria coordinación có fin de homoxeneizar os criterios de valoración da idoneidade.
    3. A declaración de idoneidade e os informes psicosociais referentes á mesma terán unha vixencia máxima de tres anos desde a fecha da súa emisión polo órgano competente español, sempre que non se produzan modificacións sustanciais na situación persoal e familiar dos solicitantes que deron lugar a dita declaración, suxeita non obstante ás condicións e ás limitacións establecidas, no seu caso, na lexislación autonómica aplicable en cada suposto.
    4. Corresponde ás Entidades Públicas competentes en materia de protección de menores a declaración de idoneidade dos adoptantes a través dos informes de idoneidade, que estarán suxeitos ás condicións, requisitos e limitacións establecidos na lexislación correspondente.
    5. No proceso de declaración de idoneidade, prohíbese calquera discriminación por razón de discapacidade ou calquera outra circunstancia.

     

Documentos relacionados
Ligazons