Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Lei ]

De Protección ás Familias Numerosas. (Lei 40/2003 de 18 de novembro)

Data de publicación no D.O 19/11/03
  • Observacións:

    A familia, como núcleo fundamental da sociedade, desempeña múltiples funcións sociais, que a fan merecedora dunha protección específica tal como sinalan numerosos instrumentos internacionais, entre os que destacan a Declaración Universal de Dereitos Humáns e a Carta Social Europea. Pola súa parte, a Constitución Española de 1978 establece no seu artigo 39 que os poderes públicos aseguran a protección social, económica e xurídica da familia.

    A regulación ata agora vixente en materia de protección ás familias numerosas atópase na Lei 25/1971, do 19 de xuño, que, se ben viu sendo obxecto de modificacións, non se axusta á realidade social e económica de nosos días. Por outra parte, por tratarse dunha norma preconstitucional, moitos conceptos quedaron obsoletos e os beneficios previstos nela caeron na súa maior parte en desuso, non correspondéndose coa actual organización do Estado onde o ámbito de competencias das distintas Administracións públicas é completamente diferente ao da época na que se promulgou a mencionada lei.

    As principais novidades que se incorporan neste título 1 se refiren ao concepto de familia numerosa a efectos desta lei, xa que se inclúen novas situacións familiares (supostos de monoparentalidade, xa sexan de orixe, xa sexan derivados da ruptura dunha relación matrimonial por separación, divorcio o falecemento dun dos proxenitores; familias reconstituídas tras procesos de divorcio), introdúcese unha equiparación plena entre as distintas formas de filiación e os supostos de acollemento ou tutela.