Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Resolución ]

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Traballo e Asuntos S. e a Xunta de Galicia. (Resolución do 22 de novembro 2007)

Data de publicación no D.O 04/12/07
  • Observacións:

    O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), ten entre as súas competencias a mellora da calidade de vida dos colectivos que son obxecto da súa atención e, prioritariamente, as persoas que pola súa idade, discapacidade, relacións familiares e illamento social, son máis vulnerables no seu medio habitual de vida, de conformidade có disposto no Real Decreto 553/2004, polo que se reestruturan os Departamentos Ministeriais, que atribúe ao citado Departamento Ministerial a dirección das políticas de cohesión social, de benestar, de promoción da igualdade e de atención ás familias, no Real Decreto 1600/2004, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Traballo e Asunto Sociais, que configura a dito Departamento Ministerial como o responsable de dirixir as citadas políticas no ámbito da Administración Xeral do Estado, e no Real Decreto 1226/2005, polo que se regula a estrutura e competencias do Instituto de Maiores e Servizos Sociais.