Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orden TAS/2632/2007, do 7 de setembro, pola que se modifica a Orden TAS/2865/2003, do 13 de outubro, pola que se regula o convenio especial no sistema da Seguridade Social.

Data de publicación no D.O 14/09/07
  • Observacións:

    Artigo 28. Convenio especial de coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia.

    O convenio especial entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social e os coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia, a efectos da súa inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social, se rexerá polo Real Decreto 615/2007, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, e, conforme ao disposto no seu artigo 5, dispoñen que:

    O convenio especial fornecerá efectos dende o mesmo día que a prestación económica para coidados familiares concedida á persoa en situación de dependencia, de acordo coa resolución que a recoñecera, sempre que o coidador reúna as condicións esixidas nos artigos 1 e 2 do Real Decreto 615/2007, para o seu encadramento na Seguridade Social.
    En caso de que, con posterioridade á concesión da prestación económica á persoa por el atendida, o coidador non profesional interrompa a actividade pola que estivera incluído no sistema da Seguridade Social o deixe de encontrarse en algunha das outras situacións no que non procede a subscrición do convenio especial conforme ao artigo 2 do Real Decreto 615/2007, a fecha de efectos do convenio determinarase con arranxo ao disposto no artigo 5.2 desta orde.