Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orde TAS/3460/2007, do 28 de novembro, pola que se crea o Centro de Referencia Estatal para a Atención a Persoas con Grave Discapacidade e para a Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia en San Andrés del Rabanedo (León). (BOE nº 286 do 29.11.2007)

Data de publicación no D.O 29/11/07
  • Observacións:

    A situación e necesidades de aquelas persoas que, por encontrarse en situación de especial vulnerabilidade precisan de apoios e atención especializada na súa vida diaria, como son as persoas con graves discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais, requiren avanzar na procura de respostas e solucións globais para as familias españolas.

    Para cubrir estas necesidades é preciso ofrecer programas socio- sanitarios, de carácter integral, a través de centros especializados que dean resposta a estas situacións e que profunden na investigación e coñecemento das mesmas para deseñar e por en marcha novas metodoloxías e estratexias de intervención que sirvan de referencia estatal.

    Créase o Centro de Referencia Estatal para a Atención a Persoas con grave discapacidade e para a promoción da autonomía persoal e atención á dependencia en San Andrés del Rabanedo (León), de ámbito nacional, baixo a dependencia orgánica e funcional do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, a cuxo fronte existirá un Director/a, nomeado polo Director/a Xeral do IMSERSO.

Documentos relacionados