Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social.

Data de publicación no D.O 15/02/08
  • Observacións:

    Ten por obxecto a regulación dos requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, en desenvolvemento do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, no referente aos equipamentos propios dos servizos sociais de atención primaria e do Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos centros e programas de servizos sociais.

    Terán a consideración de centros de inclusión e emerxencia social os seguintes:

    • Albergues
    • Centros de acollida e inclusión
    • Comedores sociais
    • Centros de atención social continuada
    • Centros de día de inclusión social
    • Outras unidades vinculadas funcionalmente aos centros:
      • Unidades de hixiene
      • Servizo de duchas
      • Servizo de lavandería
      • Unidade de rúa