Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orde do 8 de xaneiro de 2004 pola que se convocan axudas económicas para o acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade. (DOG nº 15 do 23/01/2004)

Data de publicación no D.O 23/01/04
  • Observacións:

    Esta orde trata de lle dar cumprimento ó artigo 8 do Decreto 318/2003, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade,así pois, se dispón que a consellería competente en materia de asuntos sociais efectuará periodicamente unha convocatoria para o outorgamento das axudas económicas ás persoas maiores de sesenta e cinco anos e adultos con discapacidade que desexen acollerse ós beneficios do citado programa. A Lei de orzamentos de cada ano indicará a aplicación para financia-las axudas que se establecen no articulado desta orde, que se concederán en todo caso tendo en conta o límite das dispoñibilidades orzamentarias. En concreto, segundo o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, existe crédito adecuado na aplicación 16.02.212D.483.0 por un importe global máximo inicial de 1.922.809 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

     

Documentos relacionados