Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orde do 23 de abril de 2007 pola que se modifica o importe máximo subvencionable na modalidade de atención no fogar do Programa de Cheque Asistencial establecido na Orde do 26 de marzo de 2004.

Data de publicación no D.O 23/04/07
  • Observacións:

    O Decreto 176/2000 regula o Programa de atención a persoas maiores dependentes a través do Cheque Asistencial. A Orde do 5 de decembro de 2000, modificada pola Orde do 30 de abril de 2001, desenvolve o citado decreto e establece os importes máximos subvencionables das distintas modalidades do cheque. A Orde do 26 de marzo de 2004 modifica os importes máximos subvencionables das distintas modalidades do Programa de Cheque Asistencial establecidos na Orde do 5 de decembro de 2000, que é última actualización publicada. Desde entón produciuse un incremento do IPC que tivo unha importante repercusión, especialmente na modalidade de atención no fogar. Así, é aconsellable modificar o importe máximo subvencionable da modalidade de atención no fogar do Programa Cheque Asistencial.

     

Documentos relacionados