Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Decreto ]

Decreto 176/2000, do 22 de xuño, polo que se regula o Programa de atención ás persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial.

Data de publicación no D.O 22/06/00
  • Observacións:

    Os coidados que precisan as persoas maiores, na súa inmensa maioría, préstanse polas propias familias. tendo en conta que a atención destas persoas non sempre pode ser asumida en exclusividade por esta rede natural, polos coidados ou a complexidade deles, ou porque pode obrigar a unha formación e/ou supervisión profesional ou á utilización de recursos especializados, faise preciso desenvolver un sistema de actuacións específicas, que contribúan a garantir unhas condicións de vida digna para as persoas afectadas e un apoio para as súas familias.
    Coa finalidade de cumprir estes obxectivos, a Xunta de Galicia vai implantar o Programa do cheque asistencial, que inclúe a creación dun sistema de axudas económicas para cofinanciar os gastos de persoas maiores que presenten importantes situacións de dependencia e precisen da axuda doutra persoa para levar a cabo as actividades da vida cotiá.

Documentos relacionados