Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Decreto ]

Decreto 318/2003, do 26 de xuño, pólo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade. (DOG nº 145 do 29.07.2003)

Data de publicación no D.O 29/07/03
  • Observacións:

    A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, reguladora do sistema de servizos sociais na Comunidade Autónoma galega define, no artigo 11, os servizos sociais de atención especializada como os dirixidos ós sectores da poboación con problemáticas definidas que non se poden resolver desde os servizos sociais de atención primaria. 

    No artigo 13 define como servizos sociais de atención especializada na área de actuación da minusvalidez aqueles que procuran o tratamento, a rehabilitación e maila integración social dos discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais, e cantas medidas sexan favorecedoras da súa autonomía persoal e integración social. No 14º, establece como servizos sociais de atención especializada para a vellez aqueles orientados á consecución do maior nivel de benestar posible á terceira idade, así como acadar a súa autonomía e integración social, e establece como programa propio destes servizos o de acollemento familiar.
    Despois de publicar o Decreto 225/1994, e tendo en conta o Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006 faise necesaria a elaboración deste decreto para regular o programa de acollemento familiar de xeito que se dea unha resposta adecuada ás necesidades e demandas sociais, tanto das persoas maiores como discapacitadas, residentes na nosa comunidade autónoma e, ó mesmo tempo, trátase de conseguir unha maior seguridade xurídica e claridade normativa que non sería posible se o réxime xurídico deste programa resultase de disposicións normativas dispersas.
     

Documentos relacionados