Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Orde ]

Orde do 14 de agosto de 2007 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, da Fundación Tutelar do Camiño do Miño.

Data de publicación no D.O 14/08/07
  • Observacións:

    Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Tutelar do Camiño do Miño.

    A fundación solicitou a clasificación e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, por medio do escrito presentado por Cipriano Luís Jiménez Casas, en calidade de apoderado da Fundación Menela e de secretario da nova fundación.

    A comisión integrada por todos os secretarios xerais na reunión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2007 elevou ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese social da Fundación Tutelar do Camiño do Miño.

    Así pois nesta orde se recolle a constitución da Fundación coas súas obrigas e dereitos.