Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Normativa

Lexislación

[ Resolución ]

Resolución de 26 de agosto de 1987. Regulase o Réxime de ingresos, traslados e liquidación de estancias nos Centros Residenciais para a Terceira Idade.

Data de publicación no D.O 26/08/87
  • Observacións:

    A Orden de 16 de Maio de 1985, pola que se aprobou o Estatuto básico de centros para a terceira idade do IMSERSO introduzo importantes innovacións no réxime xurídico aplicable aos mesmos. Así mesmo, o RD 530/1985, estableceu que as funcións que o ordenamento xurídico atribúe ao instituto nacional de asistencia social, respecto da xestión de centros e servizos pendentes de transferencia ás Comunidades Autónomas, foran asumidas polo Instituto Nacional de Servizos Sociais. Esta normativa fai imprescindible proceder a unha nova regulación das condicións de ingresos, traslados e permutas nos centros residenciais para a terceira idade, xestionados polo IMSERSO,unificando a actual dispersión normativa e simplificando, por outra parte, os tramites administrativos. Desta forma, completase o marco normativo, aplicable nestas materias, iniciado pola Orden de 8 de Xaneiro de 1986, que aprobou o baremo de ingresos, traslados e permutas.
    A súa estrutura é:

    • Capítulo I: Definición e clasificación dos centros residenciais do IMSERSO para a terceira idade.
    • Capítulo II: Beneficiarios.
    • Capítulo III: Usuarios e residentes.
    • Capítulo IV: Ingresos, traslados e permutas.
    • Capítulo V: Lista de reserva de prazas.
    • Capítulo VI: Permutas.
    • Capítulo VII: Período de adaptación e observación.
    • Capítulo VIII: Axudas económicas.
    • Capítulo IX: Liquidación de Estancias.
    • Disposicións Finais.
    • Disposición Derogatoria.