Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Formacion

Formación

Xornada Dálle luz á túa factura (Santiago, 14 de xuño de 2017)

  • Obxectivos:

    De acordo coas directrices previstas na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 (EIS Galicia), a Consellería de Política Social, en colaboración co Instituto Galego do Consumo e da Competencia, vai a desenvolver a Xornada Dálle luz á túa factura eléctrica.

    A EIS Galicia prevé a realización de actividades formativas en materia de consumo dirixidas ao persoal dos servizos sociais comunitarios para que informen e orienten ás persoas en situación de vulnerabilidade, co fin de que poidan exercer axeitadamente os seus dereitos e xestionar os seus recursos de maneira eficiente.

    No bienio 2015-2016 desenvolvéronse tres xornadas sobre consumo responsable (no supermercado, na rede, na telefonía móbil...) dirixidas tanto a profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais como dos equipos de inclusión sociolaboral. Nesta formación incluíuse un módulo sobre a factura eléctrica.

    Dada a importancia desta última materia, considérase conveniente realizar unha nova actividade para profundar sobre a protección do consumidor vulnerable de enerxía eléctrica, que en moitos casos descoñece o tipo de tarifa eléctrica que ten contratada e os posibles descontos aos que pode acceder.

    Lugar de celebración

    Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública- EGAP. Rúa de Madrid, 2-4 (Fontiñas).

    Data e horario

    14 de xuño de 2017, dende as 10 h ás 13 horas

    Persoas destinatarias

    Profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais de intervención directa e dos Equipos de inclusión sociolaboral dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

    Profesionais de intervención directa das entidades de iniciativa social que traballan no ámbito da inclusión sociolaboral.

    Número de prazas

    80

    Inscrición na xornada

    As persoas que desexen participar na xornada, solicitarán a súa inscrición remitindo ao enderezo electrónico sxinclusion.dxis@xunta.gal os seguintes datos:

    · nome a apelidos e DNI/NIF

    · centro de traballo no que presta servizos e posto que desempeña  

    A selección será realizada pola Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social por orde de recepción das solicitudes.

    *para calquera aclaración pode consultar ao teléfono 981-54-56-65

    Obxectivos

    - Formar aos/ás profesionais de servizos sociais que traballan coas familias, en cuestións relativas coa factura eléctrica para que dean información, formación e asesoramento ás familias en situación de vulnerabilidade coas que traballan.

    - A metodoloxía combinará a charla formativa-participativa coa realización de actividades e prácticas.

    Contido temático (resumo*)

    - Onde contratamos (mercado libre e regulado) e que contratamos (potencia, enerxía consumida, ICP...)

    - A factura da luz, datos a ter en conta: fin do contrato, potencia, impostos...

    - Facturación, cortes de subministro e consellos de aforro na factura da luz e tícket eléctrico

    - Comprobación de facturas reais

    *ver Programa completo no arquivo que se xunta

    Organizan

    - Instituto Galego do Consumo e da Competencia- Escola Galega do Consumo

    - Consellería  de Política Social- Dirección Xeral de Inclusión Social

Documento adxunto

 

Infancia