Para o artigo 2.1 da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás personas en situación de dependencia correspóndese coa capacidade da persoa para decidir por si mesma como quere vivir e para desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
É a situación permanente na que se atopan as persoas que precisan axudas importantes de outra ou outras persoas para realizar actividades básicas da vida diaria.
É a capacidade percibida de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais sobre como vivir de acordo coas normas e preferencias propias, así como a capacidade de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
O estado de carácter permanente no que se encontran as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal. En consecuencia, deben darse tres circunstancias para que unha persoa se encontre en situación de dependencia:
Residir no territorio español durante, polo menos, cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, e residir, no momento da presentación da solicitude, nalgún dos concellos de Galiza.
Menores de 3 anos: o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia atenderá, sen prexuízo dos servizos establecidos en educación e sanidade, as necesidades de axuda a domicilio e, se é o caso, prestacións económicas vinculadas a prol dos menores de tres anos que presenten graves discapacidades (disposición adicional 13).
2º. As persoas que, malia reuniren os requisitos anteriores, carezan de nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se estableza no país de orixe.
4º. Os emigrantes retornados terán dereito aos servicios asistenciais do catálogo de recursos do SGAP, en igual contido e intensidade do resto dos cidadáns.