Consellería de Política Social

FAMILIAS NUMEROSAS

Categorías

As familias numerosas clasifícanse en razón do número de fillas/os:

  •  Categoría especial:

o   As de cinco ou máis fillas/os

o   As de catro nos seguintes supostos:

- Se como mínimo tres das/os fillas/os proceden de parto múltiple, adopción múltiple ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiple.

-  Se os seus ingresos anuais, divididos polo número de persoas membros que compoñen a unidade familiar non superan en cómputo anual o 75% do IPREM, incluídas as pagas extraordinarias.

 

  •  Categoría xeral: O resto das unidades familiares.

 

Para estes efectos, cada filla/o con discapacidade ou incapacidade para traballar computa como dous co fin de determinar a categoría na que se clasifica a unidade familiar da que forma parte.

 

 

Unidos pola familia

Unidos pola familia