Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Orde do 5 de maio de 2010 pola que se establecen e se convocan axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu medio.

Data de inicio: 12/05/10. Data de fin: 14/06/10
  • Descrición:

    A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer que permanezan no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlles ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores, así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.

    Poderán ser beneficiarios destas axudas as unidades familiares con fillos menores de dezaoito anos que estean en circunstancias de risco social e precisen apoios económicos para satisfacer as súas necesidades básicas e evitar a desestruturación familiar.

  • Requisitos:

    a) Cumprir os requisitos que se establecen no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia para obter a condición de beneficiario.

    b) Residir e estar empadroados (toda a unidade familiar) na Comunidade Autónoma galega polo menos con seis meses de antelación á data da publicación da convocatoria.

    c) Que os menores, respecto dos que se solicita a axuda, teñan menos de dezaoito anos de idade cumpridos durante o ano 2010.

    d) Que a unidade familiar non teña recibido axudas con este mesmo obxecto nos últimos tres anos de xeito consecutivo.

    e) Que a renda per capita da unidade familiar no ano en que se perciba a axuda non exceda dun terzo do IPREM establecido para o ano 2010, en cómputo anual, incluíndo as pagas extraordinarias. Para estes efectos, computaranse as contías que, se é o caso, se perciban en concepto de compensación por acollemento familiar.

    f) Que ningún dos membros da unidade familiar sexa beneficiario da Renda de Integración Social de Galicia.

    g) Que os menores que compoñen a unidade familiar non teñan concedida a asistencia a un centro de atención de día, do sistema de protección de menores da Xunta de Galicia.

    h) Que a familia poida evolucionar cara á súa plena autonomía e integración social, sendo estas axudas un apoio temporal.

    i) Que a situación do núcleo familiar non permita a cobertura de todas as necesidades básicas do menor no relativo á alimentación, hixiene, vestiario, atención médica, escolarización regularizada e coidados de carácter integral.

    j) Que a unidade familiar teña aberto, polo menos con seis meses de antelación á data de publicación da orde, un expediente polos servizos sociais de atención primaria ou especializados, por posible situación de risco ou con declaración de existencia desta do menor ou menores.

    k) Que a unidade familiar cumpra co plan de traballo que estableza o servizo de atención primaria ou especializado.

    l) No caso de que se lle concedese esta axuda no ano 2009, que a unidade familiar cumprise co plan de traballo que establecera o servizo de atención primaria ou especializado e mellorase a situación de risco.

Documentos relacionados